Paisaxe de costa

Nas paisaxes que están cerca do mar podemos encontrar elementos naturais como illas, praias ou acantilados. Tamén pode haber elementos artificiais, como vilas ou cidades costeiras, faros, diques, etc.

Elementos naturais da paisaxe de costa:

- Península: zona de terra rodeada de auga por todas partes, menos por unha.


- Golfo: parte do mar que penetra na terra.


- Illa: terra rodeada de auga por todas as partes.


- Arquipélago: conxunto de illas.


- Cabo: parte de terra que penetra no mar.


- Acantilado: parede alta e rochosa que dá ao mar.


- Praia: zona de area na beira do mar.